|
III Curso de montaxe de moscas |
|
|
|
|
Mércores, 10 de Outubro de 2007 |
Os vindeiros 6,12,13,20 e 27 de outubro celebraráse a III edición do curso de montaxe de moscas, organizado pola Asociación.
O curso será impartido por maestros artesáns, e terá lugar no Multiusos de Melide (antigo instituto de bacharelato), en horario de 16 a 20 horas do serán. Nesta edición colabora tanto a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Deporte, como a Fundación Deporte Galego.
Os interesados poden obter máis información a través do noso correo electrónico (
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
) ou no teléfono: 696 607348 |
|
|
Contaminación no río Catasol (cont.) |
|
|
|
|
Venres, 14 de Setembro de 2007 |
Retiradas 307 troitas e unha anguila de 73 cm, entre a Ponte de santa Maria e os Muiños de Penas.
A Asociación de Troiteiros e todolos afecionados á pesca están completamente abatidos ante este desastre ecolóxico, non fan máis que retirar troitas e troitas, xa levan contabilizadas 2400 en distintos tamaños e medidas e ainda faltan por peinar 3 km de río e o último tramo xunto á desembocadura do Furelos, polo que cren que isto ainda non acabou. |
|
Ler máis...
|
|
|
Contaminación no río Catasol |
|
|
|
|
Xoves, 13 de Setembro de 2007 |
Miles de troitas aparecen mortas no río Catasol en Melide tras detectarse un verquido contaminante procedente dunha explotación porcina cercana.
No primeiro día de retirada de troitas mortas pola contaminación dos verquidos de purín os membros da Asociación de Troiteiros acompañados pola Garderia de Medio Ambiente, retiraron no tramo peinado dende a zona Dos Pasos de Catasol (Camiño de Santiago) ate a estrada da Coruña na parroquia de Zas de Rei, lugar próximo ao foco contaminante un total de 2000 troitas de diferrentes tamaños e medidas que abarcan dende os 5 centímetros ate os 29, tres tritons e unha rá. |
|
Ler máis...
|
|
|
III Xornadas de limpeza (3º día) |
|
|
|
|
Luns, 10 de Setembro de 2007 |
O pasado día 8 tivo lugar o último día de limpeza das xornadas, na que participaron 16 voluntarios que retiraron arredor de 400 kg de lixo.
O pasado día 8 tivo lugar o último día de limpeza das xornadas, na que participaron 16 voluntarios que retiraron arredor de 400 metros de arames de espiño que aforcaban as árbores nos ríos Martagona e Vilamor, 1 somier, plásticos, 2 rodas de tractor, etc., en cantidade de 400 kg. Tamén sacáronse 8 grandes árbores secas caídas na presa de Mangüeiro que a estaban poñendo en perigo de derrume dentro do couto do río Furelos. |
|
Ler máis...
|
|
|
III Xornadas de limpeza (2º día) |
|
|
|
|
Luns, 03 de Setembro de 2007 |
No segundo día das Xornadas de limpeza do río Furelos, os voluntarios da Asociación retiraron todalas árbores taladas e que estaban dentro do cauce xunto con outras 40 máis.
Nos ríos Martagona e Vilamor, afluntes do Furelos, retiraronse entre plásticos, latas, arames de espiño que aforcaban as árbores de ribeira, plasticos de silos, 1 roda de tractor, 1 lavadora... en total sobre 700 kg de basura que unha vez depositada nos puntos acordados foron trasladadas polo camión do Concello de Melide, para o punto limpo e poidan ser tratadas conforme a lexislación vixente. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 199 - 206 de 206 |