image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Acceso restrinxido





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Sindicación
Inicio
Entrevista na radio galega (Rios e Montes) PDF Imprimir E-Mail
Martes, 22 de Xaneiro de 2008

Entrevista a Xabier Pazo e Xan Pérez, dentro do programa Rios e Montes da Radio Galega, conducido por Miguel Piñeiro (miguelpesca.com), realizada o pasado mes de setembro, e onde se fai unha descrición detallada dos verquidos acontecidos no rio Catasol.

Facemos desta forma a incorporación á nosa páxina de elementos de audio. En breve, esperamos poñer á disposición de todos vos de videos onde se poderán observar as diferentes actividades que leva a cabo a Asociación. 

 
Na prensa. Semán 2 (14 xan - 20 xan) PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 20 de Xaneiro de 2008

El Correo Gallego (17/01/2008)

Cerne (ASETEM) páx. 7 (decembro/2007) 

La Voz de Galicia (20/01/2008) 

 
V Asemblea Xeral Ordinaria PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 19 de Xaneiro de 2008

ImageConvocatoria V Asemblea Xeral Ordinaria

Xabier Pazo Blanco, en calidade de Presidente da Asociación de Troiteiros "Rio Furelos", unha vez consultada a Xunta Directiva e conforme as atribucións que lle confiren os Estatutos, convoca a tódolos soci@s á V Asemblea Xeral Ordinaria. 

Lugar:
Salón de actos do multiusos de Melide (Antigo Instituto)
Día:2 de febreiro de 2.008
Hora:18:00 horas en1ª convocatoria
 18:30 horas en 2ª convocatoria

Orde do día

1. Lectura e aprobación da acta anterior
2.
Informe das actuacións da xunta directiva
3.
Cuota ano 2.008
4.
Aprobación se procede Presuposto ano 2.008
 Programa de actividades
5.
Actualización lista de socios
6.
Rogos e preguntas

 

NOTA: A Xunta Directiva faculta a tódalas persoas que non sexan soci@s a asistir e participar no punto 6º da orde do día.

  • Os socios que non poidan asistir, poden delegar o seu voto mediante autorización escrita noutro socio.

Melide a 17 de Xaneiro de 2008

Presidente Asoc. Troiteiros "Rio Furelos"

Asdo. Xabier Pazo Blanco

 
Exposición do desastre do Rio Catasol PDF Imprimir E-Mail
Martes, 15 de Xaneiro de 2008

ImageContinuando coa campaña iniciada como consecuencia do desastre do Rio Catasol polos vertidos de zurro dunha granxa de porcino, a Asociación de Troiteiros "Rio Furelos" chega aos centros de ensino.

Primeiro foi a presentación da exposición fotográfica sobre o desastre ecolóxico no rio Catasol a pasado 11 de setembro de 2007. Nesta charla, o concello de Melide, a través do concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, deu a coñecer a decisión do concello de Melide de se presentar como acusación particular contra o autor do vertido de zurro.

Agora a actividade divulgativa diríxese a0s escolares. Concretamente nos centros de educación infantil e primaria do concello de Melide. O mércores desta semana tocoulle ó Colexio da Martagona, tamén coñecido como 'número dous'.

Nesta charla, conducida polo vocal de Medio Ambiente da Asociación, Xan Pérez, o Vicepresidente da Asociación, Xurxo Pazo, e os propios mestres, aos que lles agradecemos a súa viva implicación no tema, proxectáronse dous documentos audiovisuais; o primeiro, sobre o desastre no rio Catasol e 0 segundo, sobre as xornadas de limpeza no rio Furelos, Martagona e Vilamor no verán pasado.

Despois da proxección dos documentos, os nenos convertéronse en auténticas 'metralletas' que disparaban preguntas. Preguntas que ían directamente ó que non é comprensible: ¿Cómo pode haber alguén que mate miles de troitas?, se alguén fai así, ¿vai directamente ó cárcere?, ¿xa se sabe o que tivo que pagar o que cometeu tal delito? ¿quen tira coches no rio?, etc. 

Dende o 14 ata o 20 de xaneiro estará presente en dito colexio. Mostraránse uns paneis cunha exposición de máis de 200 fotografías, que recollen dende o inicio ate o final do desastre. Tamén se proxectará un video con imaxes do desastre e outro das III Xornadas de limpeza. Ademáis levaráse a cabo unha charla-debate cos escolares o día 16 na que se pretende concienciar a todo o mundo.

Tamén se están repartindo entre todos os grupos políticos, asociacións, etc. os cd's do desastre e das III Xornadas de Limpeza para que sexa visionado por todos e así poder sacar as mellores conclusión para evitar este tipo de desastres e concienciar a todos sobre a importancia do coidado da natureza.

Esta campaña terá continuidade os vindeiros días nos seguintes colexios: Mestre Pastor Barral, e no CEIP Nº 1.

 
Substancias e métodos prohibidos no 2008 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 12 de Xaneiro de 2008

Remitido por Coral Fernández Gumiel (Coordinadora de Planificación e Seguimento do Control de Dopaxe do Consello Superior de Deportes), chéganos o extracto do BOE do 5 de xaneiro onde se detallan aquelas substancias e métodos prohibidos durante o ano 2008 no deporte nacional.

Listado  

 
Calendario deportivo provisional 2008 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 12 de Xaneiro de 2008

A Federación Galega de Pesca remítenos o Calendario Deportivo (provisional) para o ano 2008.

Calendario 2008

 
Certame de creación literaria e Investigación 2008 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 12 de Xaneiro de 2008

O Concello de Melide ven de convocar o VIII Certame de creación literaria 2008, e o V Certame de Investigación 2008.

Pode consulta-las bases nas imaxes adxuntas.

bases v certame terra de melide 2008.jpg
bases viii certame creación literaria.jpg
 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 172 - 180 de 206