image0image1image2image3
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Acceso restrinxido





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Sindicación
Inicio
CONTAMINACIÓN NO RIO CASTRO PDF Imprimir E-Mail
Martes, 30 de Xuño de 2009
O Sábado día 27 de Xuño de 2009, produceuse un verquido no río Castro (afluente do Xubia) de lodos de decantadora, dende a canteira que o Grupo de empresas Cuiña ten no lugar de Castro (Concello das Pontes) na Serra do Forgoselo.

Podedes ver o comunicado de prensa facendo click AQUI

Ler máis...
 
12º Concurso de Pesca a Mosca (Deportes Cibeira) PDF Imprimir E-Mail
Luns, 01 de Xuño de 2009
O día 28 de Xuño celébrase no RIO ULLA o 12º Concurso de Pesca a Mosca (DEPORTES CIBEIRA).

Ultimo día de inscripción: 19 de Xuño

Prezo: 60 Euros



Ler máis...
 
Éxito total do IV Campionato de pesca “Terra de Melide” PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 08 de Abril de 2009
O IV Campionato de Pesca “Terra de Melide” organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos” resultou ser un éxito completo non só pola participación e interese mostrado polos pescadores inscritos senón polo espléndido e xeneroso que se mostrou o río Furelos cos quince pescadores que saíron agraciados no sorteo para participar. As capturas superaron considerablemente en número e en tamaño as de anos anteriores, o que vén a demostrar que a Natureza é agradecida. Os nosos coidados e desvelos para manter o río nas mellores condicións xa están a dar os seus froitos.

Os tres primeiros postos do Campionato foron por esta orde, Diego González Lirio, campión, José Manuel Sexto Méndez, que ademais de ser subcampión levou o premio á troita máis grande e Luís Ramón Sánchez Martín que quedou en terceiro lugar.

A organización que correu a cargo da citada Asociación contou coa colaboración de outros pescadores inscritos que levaron a cabo os labores de xuíces e de apoio aos participantes. Á comida, celebrada ao remate do Campionato no restaurante Carlos 96 de Melide, asistiron a Alcaldesa de Melide e o Concelleiro de Deportes, que se encargaron da entrega de premios aos participantes.

A Asociación quere aproveitar este comunicado para felicitar aos gañadores e agradecer ás casas colaboradoras o seu apoio. Ao mesmo tempo lembramos que o vindeiro día 18 se celebrará un máster de pesca a ninfa no couto do río Furelos.
 
IV Campionato de Pesca "Terra de Melide" PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 02 de Abril de 2009
Este vindeiro sábado, día 4 de abril, celébrase nas augas do río Furelos o IV Campionato de Pesca “Terra de Melide” organizado pola Asociación de troiteiros “Río Furelos”. Á convocatoria deste certame xa se inscribiron arredor de 100 pescadores da bisbarra, co que se supereraron amplamente as cifras de anos anteriores. Dado que só pode haber 15 canas no río, celebrarase sorteo público do que sairán os quince participantes, que disfrutarán de cadanseu tramo de 650 metros de río debidamente sinalizado. O resto dos inscritos colaborarán coa organización do evento desempeñando o papel de xuíces e facendo labores de apoio.

A hora de comezo está prevista para as 9 da mañá e a de remate fixouse para as 13 h. A continuación, una vez computadas e anotadas as capturas de cada participante celebrarase no restaurante melidense, Carlos 96, un xantar no que se fará entrega dos trofeos aos gañadores ao tempo que se entregará material de pesca valorado en máis de 2.000€.

O presidente da Asociación: Xabier Pazo Blanco.
 
Jornadas de Pesca a Ninfa de Waldemar PDF Imprimir E-Mail
Venres, 27 de Marzo de 2009
El V Master de Montaje Conde de Waldemar (Eirexe-Ligonde-Monterroso-Lugo) tuvo dos protagonistas de auténtico lujo, el Campeón del Mundo de pesca a ninfa Martin Droz y Milan Cubik Seleccionador y Entrenador de la especialidad de la selección de Chequia.
Waldemar -Julio Seijas y Oscar Gayoso- apostaron por una modalidad en auge y consiguieron la participación de los dos maestros internacionales con la inestimable ayuda de David Arcay que hizo las veces de tercer monitor.
Cuatro intensos días de formación con clases prácticas y talleres de montaje.
El primer día se pescó el Ulla en el tramo sin muerte de Monterroso con aguas lentas y tranquilas, el segundo día le tocó a las corrientes del Furelos y al Ulla en tramo libre, el tercer día al intensivo de A Ulloa y el último al coto con muerte de Monterroso. Todas las capturas se devolvieron al agua.
Los talleres de montaje se especializaron en micromoscas, estrímeres, ninfas, ahogadas, y ninfas checas.
Martin y Milan prestaron especial atención al montaje de ahogadas del Maestro Fernando Comba.
50 afortunados, algunos llegados de Madrid, siguieron el curso. La limitación de las plazas permitió que cada pescador recibiese un tratamiento personalizado por parte de los monitores y que durante más de media hora, a cada uno, se le corrigiesen defectos y se le dieran todo tipo de explicaciones y consejos.
El prestigioso Master de Pesca a Mosca Conde de Waldemar tendrá lugar el 20 de junio.
 
Actividades para os próximos meses PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 08 de Marzo de 2009
A Asociación de Troiterios “Río Furelos” de Melide vén de aprobar as múltiples actividades que comezarán coa colaboración nas Xornadas de Pesca Ninfa “Conde Waldemar” que se celebrarán nos ríos Ulla e Furelos do 19 ao 22 de marzo.
CartelPor outro lado, o campionato organizado pola asociación “Río Furelos” será por cuarto ano consecutivo o vindeiro 4 de abril, e practicamente xa estaremos metidos de cheo noutra actividade a celebrar o 18 de abril: trátase de xuntar aos mellores pescadores nun Máster de Campións de Ninfa.
No mes de maio, o sábado día 9, temos previsto organizar por primeira vez un Campionato Xuvenil de Pesca. Reservamos o 1º domingo de xullo para o Día do Socio, e as VII Xornadas de Limpeza fican programadas para o derradeiro sábado de agosto e os dous primeiros de setembro. Como vén sendo habitual, en outubro e novembro convocaranse os Cursos de Montaxe de Mosca e Culleriña realizados por mestres artesáns.

É a nosa intención seguir co acondicionamento das sendas que transcorren á beira do río Furelos, aumentando en tres quilómetros os tres xa acondicionados o ano pasado. Repoñeremos os sinais que, este mesmo ano, foron repostos pola Asociación e moitos deles xa desapareceron, están tirados no río, e mesmo serviron de branco para cazadores desaprensivos.
Todas estas actividades non van minguar a nosa participación e colaboración no Proxecto Ríos, tanto na Campaña de Primavera coma na de Outono.
Finalmente, renováronnos o Convenio de concesión do Couto do río Furelos e podemos anunciar que se está a elaborar un borrador dun novo Convenio que terá unha vixencia de 5 anos, e que melloraría substancialmente a concesión de coutos para a nosa Asociación, xa que nos aproximaría a un 50% , o que suporía unha mellora dun 10% adicional.

Melide 7 de marzo de 2009

 
Nova Xunta Directiva PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 08 de Marzo de 2009

Como é preceptivo segundo os estatutos, a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide, vén de celebrar o pasado 31 de xaneiro a VI Asemblea xeral ordinaria, na que se procedeu por votación á elección da nova Xunta Directiva.

Presidente Xavier Pazo Blanco
Vicepresidente Jorge Pazo Sánchez
Secretario Juan Manuel Pérez López (xan)
Vicesecretario Carlos Lamas Rodríguez
Tesoureiro Jesús Ramón Pampín Fuciños
Vicetesoureiro Iván Lugrís Beteta
Vocais Diego González Lirio
  Luis Filgueira Meléndez
  Adrián Castro Varela
  Iván Bruzos Cendán
  Jose Luis Mosteiro Arias

    Entre os acordos tomados está o de aplicar a nova denominación da rúa na que figura a súa sede social, antes Calvo Sotelo, agora Mateo Segade Bugueiro, por acordo do plenario do Concello en virtude da aplicación da Lei da Memoria Histórica.
    Así mesmo decidiuse a cuota para os socios, que será de 15 € anuais, agás os menores, xubilados e parados, para os que será gratis. Ademais todos os socios terán tres xornadas de pesca gratis e un desconto de 1 € nos pases que lle corresponda xestionar á Asociación.
    Na propia asemblea ficou planificado o programa de actividades para a o presente ano, entre os que citamos: á celebración do Día do Socio, o Campionato de Pesca, as Xornadas de Limpeza, a reposición de sinais, a roza de tres kilómetros máis á beira do río, etc.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 135